por Anxo Vila Riveiro *
Bembrive é
unha parroquia da área periurbana da cidade de Vigo, que dende un pasado
eminentemente rural de natureza labrega, foi evolucionando, a través da mudanza
das súas actividades económicas e tipoloxías urbanas, até converterse nunha
zona residencial de baixa densidade.
O contexto
xeográfico de Bembrive determina a súa evolución, que se encadra dentro dos
procesos de urbanización experimentados na orla periurbana das grandes cidades
galegas, en concreto na de Vigo. Historicamente, estes espazos periurbanos
foron tratados coma un solo de reserva para a expansión da cidade, sen atender
a súa natureza e necesidades. Debido a isto, non existen estudos urbanos
pormenorizados que sitúen á parroquia de Bembrive no centro desta problemática.
O obxectivo
é estudar os procesos urbanísticos vividos na parroquia, dende a metade do
século XX, e as ferramentas empregadas polas administracións públicas para a
ordenación e o planeamento urbano de Bembrive, permitindo achegarse á natureza
e causas dos cambios experimentados, acadando a base necesaria para identificar
directrices relevantes en futuras intervencións urbanas.
A
metodoloxía empregada para a consecución destes obxectivos é o estudo de caso
da propia parroquia de Bembrive. Coa análise de cartografías e datos,
históricos e actuais, de diversas fontes, trazarase a evolución urbana
experimentada até os nosos dias. Posteriormente estudiaranse as ferramentas
utilizadas para a ordenación urbana da parroquia, centrándose nos Plans Xerais
de Ordenación Municipal do Concello de Vigo; para despois analizar a súa
influencia nos procesos urbanísticos de Bembrive.
A presente
tese de disertación procura así contribuír ao coñecemento máis profundo da
natureza urbanística de Bembrive, pasada e presente, e servir de modesta
ferramenta para futuras intervencións urbanas sobre a parroquia, concluíndo pola
necessidade de un planeamento axeitado nas zonas periurbanas das grandes
cidades.
* Mestre em Arquitectura e Urbanismo pela Escola Superior Gallaecia.
Sem comentários:
Enviar um comentário